CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
HOTEL DO RIO (2024)
João Canijo
Portugal / 4 capítulos de 45 minutos / Ficción / Portugués
Ficha artística: Anabela Moreira, Rita Blanco, Beatriz Batarda, Madalena Almeida, Cleia Almeida, Nuno Lopes
Ficha técnica:
Guión: João Canijo, Rui Cardoso Martins, Manuel Altavilla
Fotografía: Leonor Teles
Edición: João Braz
Produción: Pedro Borges, François d'Artemare
Sinopse:
Todo acontece ao longo dunha fin de semana, nun hotel provincial, á beira do río. Unha familia ameazada pola bancarrota do hotel e esnaquizada por celos e desamores pero, sobre todo, pola incapacidade de amar. Tres grupos de hóspedes que nesa fin de semana se desprazan ao lugar buscando resolver as súas crises. No espazo escuro do hotel, á beira da auga, revélanse novos amores e aversións, vidas frustradas e paixóns desastrosas.
Un novo cruzamento das historias que Canijo teceu en Mal Viver e Viver Mal, dous filmes proxectados durante a 37ª edición do festival na que o director recibiu o Premio Cineuropa.
João Canijo (Porto, Portugal). Director e guionista, é unha das figuras máis destacadas do cinema de autor en Portugal. Comezou a súa carreira como asistente de dirección de Manoel de Oliveira e Wim Wenders, antes de dirixir as súas propias longametraxes. Entre as súas obras máis recoñecidas atópanse Sangue do Meu Sangue (2011) e Fátima (2017), aclamadas por explorar temas sociais e familiares con gran intensidade emocional.