HERE / AQUÍ (2023)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA 

HERE / AQUÍ (2023)
Bas Devos
Bélxica / 84 min / Ficción / Francés, neerlandés, chinés mandarín

Ficha artística:
Stefan Gota, Liyo Gong, Teodor Corban

Ficha técnica:
Guión: Bas Devos
Fotografía: Grimm Vandekerckhove
Edición: Dieter Diependaele
Produción: Marc Goyens

Sinopse:
Stefan, un traballador da construción romanés que vive en Bruxelas, está a piques de viaxar de volta para a súa casa. Cando está xa para marchar, coñece unha moza belgo-chinesa que traballa nun pequeno restaurante ao tempo que realiza o seu doutoramento sobre musgos. A súa atención ao case invisible deteno en seco.

Bas Devos (Zoersel, Bélxica). Tras filmar algunhas pezas curtas, debutou coa longametraxe Violet (2014), coa que gañou o gran premio do xurado da sección Generation 14plus en Berlín. Con só catro longametraxes demostrou estar dotado dun sentido estético potente e xenuíno. Despois de Ghost Tropic no 2019, Here é a súa cuarta longametraxe. 
 

Premio FIPRESCI na sección Encontros da Berlinale 2023

Duración: 
82 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: dende as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre quince minutos antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 10 Novembro, 2023
20:30
Salón Teatro
Xoves, 16 Novembro, 2023
17:30
NUMAX
MULTIMEDIA

Trailer de Here subtitulado en inglés (HD)