HENRY FONDA FOR PRESIDENT

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL· EUROPEA · NOVAS/OS CINEASTAS

SECCIÓN PARALELA · O CORAZÓN DO CINEMA É A LIBERDADE

HENRY FONDA FOR PRESIDENT (2024)

Alexander Horwath

Austria, Alemaña / 184 min / Documental / Inglés, alemán

Ficha artística:

Robert De Niro, Henry Fonda, Jane Fonda

Ficha técnica:

Guión: Alexander Horwath

Fotografía: Michael Palm

Edición: Michael Palm

Produción: Irene Höfer, Andreas Schroth, Ralph Wieser

Sinopse:

Coa voz de Henry Fonda como guía, tomada da súa última entrevista en 1981, este filme-ensaio expón un percorrido pola historia política de Estados Unidos desde o seu acervo cinematográfico. Unha viaxe xeográfica e temporal que nos leva dunha costa a outra, de 1651 a 1976; a través dos personaxes aos que Fonda deu vida. As imaxes de arquivo contrastan coas que roda Horwath na actualidade, sinalando o declive do soño americano e imaxinando unha república de lugares, tempos e personaxes: os Estados Unidos de Fonda.

Alexander Horwath (Viena, Austria). Foi director da Viennale - Festival Internacional de Cinema de Viena e mais do Museo de Cinema de Austria. Traballou no programa de cine de Documenta 12 e noutros proxectos artísticos. Os seus ensaios e libros trataron temas como Josef von Sternberg, Ruth Beckermann, Guy Debord, o cinema de vangarda austríaco, a curadoría de cinema ou o cinema estadounidense dos 60 e 70. É membro da Akademie der Künste en Berlín e profesor na Universidade de Música e Artes Performativas de Viena. Henry Fonda for President é a súa primeira película.

Seleccionada no Fórum da Berlinale 2024

Premio especial Tempo de Historia na Seminci 2024

Duración: 
184 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADASCINEUROPA

Funcións: 
Venres, 15 Novembro, 2024
20:45
Salón Teatro
Domingo, 17 Novembro, 2024
20:45
NUMAX
MULTIMEDIA

Henry Fonda for President (2024) - TEASER Clip #4 - The Grapes of Wrath