VOADORA
Escena GZ
TerritoriodasMulleres
Idade: adultos
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
Hemos venido a darlo todo é o noso manifesto, o noso manual e o noso pacto coa experiencia escénica desde o brillo de todos os seus elementos: o movemento, a música e as imaxes. Un compromiso co teatro que se sinte, máis que co que se pensa, para o que precisamos de todos os vatios, todo o talento e toda a imaxinación do mundo. Queremos asinar co aquí e o agora, co inesquecible e con todas esas cousas que o espectador non pode atopar en ningún sitio mais que nunha sala de teatro.
Dirección: Marta Pazos
Dramaturxia: Fernando Epelde
Intérpretes: José Díaz, Hugo Torres e Marta Pazos
Música: José Díaz e Hugo Torres
Escenografía: Marta Pazos
Deseño iluminación: Nuno Meira
Axudante de dirección: Carmen Triñanes
Produción: Jose Díaz
Asistencia de produción: Liza G. Suárez
Club C!
#POSFUNCION. Ao remate da función o día 1 de febreiro.
#OBRADOIRO MULTIPLICA. Manifesto Voadora. Obradoiro de linguaxe escénica a través do movemento, a imaxe e a música. Impartido por Voadora o sábado, 2 de febreiro de 11:00 a 14:00 h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.
Idades: adultos
Capacidade: 20
Web: voadora.es