CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
HARD TRUTHS / A MIÑA ÚNICA FAMILIA (2024)
Mike Leigh
Reino Unido / 97 min / Ficción / Inglés
Ficha artística: Marianne Jean-Baptiste, Michele Austin, David Webber, Ani Nelson, Sophia Brown
Ficha técnica:
Guión: Mike Leigh
Fotografía: Dick Pope
Edición: Tania Reddin
Produción: Georgina Lowe, Henry Woolley, Laura Fernández Espeso
Sinopse:
Para Pansy a vida é unha loita constante. Chea de dor física e mental, a súa maneira de relacionarse co mundo é a través do anoxo e a confrontación: discute coa súa familia, co dentista, coa caixeira do supermercado... O seu marido Curtley hai tempo que non sabe como tratala, mentres que Moses, o seu fillo, vive inmerso no seu mundo, apenas di unha palabra e o único que fai durante todo o día é camiñar sen rumbo pola cidade. Só a súa cariñosa irmá Chantelle a comprende e pode axudala.
Mike Leigh (Salford, Reino Unido). Estudou na Real Academia de Arte Dramática de Camberwell, na Escola Central de Arte e na Escola de Cinema de Londres. A súa primeira película foi Bleak Moments (1971), seguida de diversas series para a televisión. Segredos e mentiras e Topsy-Turvy tiveron nove nominacións aos Óscar entre as dúas. A última delas gañou dous destes premios e mais a Palma de Ouro do Festival de Cinema de Cannes de 1996.
Sección oficial do Festival de San Sebastián 2024