CINEUROPA
SECCIÓN PARELALA · O CORAZÓN DO CINEMA É A LIBERDADE
THE GRAPES OF WRATH / AS UVAS DA IRA (1940)
John Ford
Estados Unidos / 129 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Henry Fonda, Jane Darwell, John Carradine
Ficha técnica:
Guión: Nunnally Johnson. Baseado na novela de John Steinbeck
Fotografía: Gregg Toland
Edición: Robert L. Simpson
Produción: Darryl F. Zanuck, Nunnally Johnson
Sinopse:
Tras dous anos de cárcere, Tom Joad (Henry Fonda) regresa á súa casa en Oklahoma coa esperanza de se reunir coa súa familia. Pero ao chegar, descobre con frustración que foron desposuídos das súas terras por compañías anónimas e bancos sen rostro, vítimas dos intereses poderosos que os expulsaron. Sen máis opcións, a familia, como moitas outras tralo crac de 1929, emprende unha longa e penosa viaxe cara a California, na busca dunha vida mellor e fuxindo da fame e da miseria. Viaxan nun pobre e vello Hudson "Super Six", atravesando desérticas e interminables estradas, coa esperanza de atopar un paraíso no que pensan, erradamente, que hai traballo para todos.
Mellor película e mellor actriz de reparto (Jane Darwell) nos Óscar 1941