CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
GRAND TOUR (2024)
Miguel Gomes
Portugal, Italia, Francia / 129 min / Ficción / Portugués, chinés, tailandés, francés, birmano, vietnamita, filipino, xaponés
Ficha artística: Gonçalo Waddington, Crista Alfaiate, Cláudio da Silva, Lang Khê Tran, Jorge Andrade, João Pedro Vaz, João Pedro Bénard, Teresa Madruga
Ficha técnica:
Guión: Miguel Gomes
Fotografía: Gui Liang, Sayombhu Mukdeeprom, Rui Poças
Edición: Telmo Churro, Pedro Filipe Marques
Produción: Filipa Reis, Marta Donzelli, Gregorio Paonessa, Thomas Ordonneau, Tom Dercourt
Sinopse:
En 1917, Edward, un funcionario británico destinado en Birmania, decide fuxir da súa prometida Molly o mesmo día da súa chegada para casar. Aterrorizado ante a perspectiva do matrimonio, emprende unha viaxe por Asia, onde o pánico inicial vai sendo sustituído por unha fonda melancolía, que leva a Edward a cuestionarse o sentido da súa existencia. Mentres tanto, Molly, decidida, segue os seus pasos a través de exóticos destinos asiáticos, buscando reunirse con el.
Miguel Gomes (Lisboa, Portugal). Director, guionista e produtor. Comezou a súa carreira no cinema con curtas, pero gañou recoñecemento internacional coa súa primeira longametraxe, A Cara que Mereces (2004), eloxiada pola crítica. É particularmente coñecido pola súa triloxía As Mil e Uma Noites (2015), que combina a ficción e o documental para explorar a situación social e política de Portugal. A súa obra destaca por un estilo narrativo innovador, que mestura a realidade e a fantasía, e mais por un profundo compromiso coas narrativas sociais.
Mellor dirección no Festival de Cannes 2024
Mellor montaxe na Seminci 2024