CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA INTERNACIONAL
GOU ZHEN / BLACK DOG / CAN NEGRO (2024)
Guan Hu
China / 106 min / Ficción / Mandarín
Ficha artística:
Eddie Peng, Tong Liya, Jia Zhangke, Zhang Yi
Ficha técnica:
Guión: Guan Hu, Ge Rui, Wu Bing
Fotografía: Gao Weizhe
Edición: Matthieu Laclau, He Yongyi
Produción: Liang Jing, Zhu Wenjiu, Justine O., Wang Donghui
Sinopse:
No noroeste de China, na zona do deserto do Gobi, Lang sae da cadea e retorna á súa vila natal, un lugar semiderruído case sen xente. Mentres traballa para limpar a cidade de cans rabiosos antes dos Xogos Olímpicos de Pequín, establece unha insólita relación cun can negro. Estas dúas almas solitarias emprenden xuntas unha nova viaxe. Un thriller humanista sobre a redención, os códigos de lealdade e a supervivencia, no que latexa a complexa historia das transformacións sociais e identitarias da China moderna.
Guan Hu (Pequín, China). Está considerado un dos pioneiros da sexta xeración de directores chineses. Debutou con Dirt (1994), un retrato da escena da música rock de Pequín, que contou cun acordo de asociación cun estudo estatal, o que permitiu que a película se distribuíse en China e se proxectase tamén no estranxeiro coa aprobación dos reguladores estatais. No 2002 estreou Eyes of Beauty e, no 2009, a súa terceira longa, Cow, proxectouse no Festival de Venecia. Logo viñeron Design of Death (2012), The Chef, The Actor, The Scoundrel (2013) e Mr. Six (2015), que clausurou o Festival de Venecia. No 2019 participou xunto a varios cineastas chineses emerxentes na película colectiva My People, My Country, un dos maiores éxitos do cinema chinés de todos os tempos.
Premio Un Certain Regard no Festival de Cannes 2024
Mellor dirección e mellor fotografía na Seminci 2024