GO HOME
ETIQUETA NEGRA
Idade recomendada: > 16 anos
Lingua: galego
Posfunción ao remate do pase do 31 de xaneiro
Go Home conta a historia de David, un fanático do turismo que xa experimentou todo tipo de aventuras que as axencias lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levarao a facer noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.
Go Home é un novo espectáculo dirixido por Tito Asorey e está protagonizado por David Amor e Josito Porto na compaña de figuras ben coñecidas da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xentrificación. Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.
Dramaturxia: José Prieto
Dirección: Tito Asorey
Elenco: David Amor e Josito Porto
Escenografía: José Faro
Iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Patricia Ferreira
Música: Xavier Bértolo
[Imaxes: Leo López]