GLORIA NACIONAL
TEATRO DO NOROESTE
Idade recomendada:> 16 anos
Duración: 90 min
Lingua: galego
Posfunción ao remate do pase
Foco Teatro do Noroeste
Foco Memoria en escena
Uxío Rodas, escultor e pintor, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica «gloria nacional». As súas esculturas están nos mellores museos internacionais. Agora está no seu estudio, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante.
O goberno do seu país, a través do seu presidente, vello camarada de Uxío, encárgalle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital. Unha escultura que represente e simbolice a nación. A Uxío cústalle encarar o seu traballo, está en crise creativa, e nesas recibe a visita, primeiro da súa representante e marchante nos mercados internacionais e despois a da propia ministra de Cultura do seu país. O actual debate, arte, cultura, mercados e política está servido.
Dirección e deseño de iluminación: Eduardo Alonso
Elenco: Luma Gómez, Miguel Pernas e Manuela Varela
Selección musical: Brais Morán
Vídeos: César Seijas
Axudante de dirección: Imma António
Produción: Eva Alonso