CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
THE GIRL WITH THE NEEDLE / A RAPAZA DA AGULLA (2024)
Magnus von Horn
Dinamarca / 115 min / Ficción / Danés
Ficha artística:
Victoria Carmen Sonne, Trine Dyrholm, Besir Zeciri, Ava Knox Martin
Ficha técnica:
Guión: Line Langebek Knudsen, Magnus von Horn
Fotografía: Michal Dymek
Edición: Agnieszka Glinska
Producción: Malene Blenkov, Mariusz Wlodarski, Madeleine Ekman
Sinopse:
Karoline é unha moza que loita por sobrevivir na Copenhague posterior á Primeira Guerra Mundial. Tras ser despedida da fábrica na que traballa, descobre que está embarazada. Entón coñece a Dagmar, unha muller carismática que dirixe unha axencia de adopción clandestina e axuda as nais que non poden coidar os fillos a atopar para eles fogares de acollida. Sen outro lugar ao que ir, Karoline acepta converterse en ama de cría e desenvolve unha forte conexión con Dagmar. Así e todo, o mundo de Karoline comeza a derrubarse cando descobre os segredos ocultos detrás do traballo de Dagmar.
Magnus von Horn (Göteborg, Suecia). Graduouse na Escola Nacional de Cine de Łódź no 2013. Uns meses despois de chegar a Polonia sufriu unha brutal agresión, o que espertou o seu interese polas persoas violentas, un tema recorrente na súa obra. A súa primeira película foi unha curta documental sobre un criminal polaco. A súa longametraxe debut, The Here After (2015) estreouse na Quinzaine des Réalisateurs de Cannes.
Sección oficial de Cannes 2024
Mellor filme, mellor actriz de reparto (Trine Dyrholm) e mellor fotografía no Festival de Cine de Polonia 2024