Cinco recoñecementos; cinco grupos, persoas ou asociacións galardoadas nunha gala que será presentada por Ivonete da Silva e Zakarías O’Facas, a gala reunirá as vencedoras do Premio á Mellor Música do Ano na Galiza, Fillas de Cassandra; os vencedores do Premio á Mellor Música do Ano en Portugal, Retimbrar; a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, Arancha Nogueira; e a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano en Portugal, Maria Isabel Fidalgo; e os representantes da Associação José Afonso (AJA) e da AJA-Galiza, distinguidas nesta ocasión co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona.
Alén diso, os dous grupos recoñecidos como autores e intérpretes das mellores músicas do ano na Galiza e Portugal, o dúo vigués Fillas de Cassandra e os portuenses Retimbrar, ofrecerán unha pequena mostra do seu repertorio musical.
Máis información en: aRi[t]mar