aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.
O certame consta de catro categorías:
- Mellor tema musical galego
- Mellor tema musical portugués
- Mellor poema galego
- Mellor poema portugués
A escolla foi feita polo público xeral, galego e portugués, entre 10 cancións e poemas finalistas seleccionadas polo xurado do certame.
Como colofón, en outubro celébrase a Gala de premios con actuacións e intervencións das e dos galardoados, organizada pola Escola de Idiomas e o Concello de Santiago de Compostela. Neste ano 2021, no que o proxecto celebra a súa sexta edición, contaremos coa presenza de Guadi Galego e Cláudia Pascoal (gañadoras en música) e Rosalía F. Rial e Márcia (gañadoras en poesía), así como con José Viale Moutinho, premio especial do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona.
Toda a información dos premiados e premiadas podes consultala no programa en PDF da Gala: