CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · O CORAZÓN DO CINEMA E A LIBERDADE
FORT APACHE (1948)
John Ford
Estados Unidos / 128 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
John Wayne, Henry Fonda, Shirley Temple, John Agar, Pedro Armendáriz, Ward Bond, George O'Brien
Ficha técnica:
Guión: Frank S. Nugent. Baseado nunha historia de James Warner Bellah
Fotografía: Archie Stout
Edición: Jack Murray
Produción: Merian C. Cooper, John Ford
Sinopse:
Unha vez rematada a Guerra de Secesión, o capitán Kirby York espera ser designado comandante de Fort Apache, un destacamento illado do rexemento de cabalería do exército estadounidense. York, cunha notable experiencia militar e moi respectado polos homes do forte, está cualificado para asumir o mando. Con todo, o seleccionado para o posto é Owen Thursday, un xeneral degradado a tenente coronel durante a guerra. Thursday é un oficial arrogante, excesivamente rigoroso no cumprimento das ordenanzas e inexperto na loita contra os apaches.
Mellor dirección e mellor fotografía en branco e negro no Festival de Locarno 1948