AS FORMAS DO AMOR
VERDEVERAS EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS E CDG
Lingua: galego
Foco Creadoras de escena
Ela e el foron parella.
Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar.
Logo de tanto tempo separados, acaso hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.
Unha historia para saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza.
Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos «amor».
Texto orixinal: María Ángeles Iglesias
Dirección: Gena Baamonde
Elenco: Sergio Zearreta e María Ángeles Iglesias
Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas
Espazo sonoro e música orixinal: Tato López
Construción escenografía: persoal Centro Dramático Galego
Servizo técnico: RTA
Produción xeral: Verdeveras Expresiones Artísticas
Coproduce: Centro Dramático Galego
Colabora: Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
Apoia: Concello de Vimianzo