FISIÓN ATLÁNTICA ENSEMBLE ·O SEGREDO DE HAYDN
O Auditorio de Galicia acolle un concerto arredor do libro-disco que leva por título O segredo de Joseph Haydn do autor Suso de Toro e ilustrado por Xosé Cobas.
Luis Soto (frauta), Nikolay Velikov (violín), Ioana Ciobotaru (viola) e Álvaro Quintanilla (violoncello) musicarán un volume no que Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Haydn descobre a nosa gastronomía, a nosa lingua, a música que se tocaba naquel momento en Compostela, e tamén deixa a súa influencia nos músicos do momento. Un acontecemento que imprimiu unha pegada sentimental na memoria do gran compositor. Todo o que relata o autor conta con documentación da época, excepto a propia visita do músico, da cal non hai constancia certa.
O concerto contará coa presenza do propio Suso de Toro
PROGRAMA
Joseph Haydn (1732 - 1809)
Cuartetos para frauta e trío de cordas coas Danzas de Reis de Guláns.
Cuarteto para frauta. Op. 5 núm. 1 en Re maior
- Danza do Pau - Pipa galega
- Danza de Arquillos - Pipa galega- Versión III
Cuarteto para frauta Op. 5 núm. 3 en Re maior
- Danza das Castañolas -Pipa galega.
- Danza de arquillos diante do Santo. - Pipa galega- Versión II
- Danza dos paus - Pipa galega
Cuarteto para frauta Op. 5 núm. 4 en Sol maior
- Danza de arquillos - Pipa galega- Versión I
Cuarteto para frauta Op.5 núm. 6 en Do maior
- Canto de Reis