LETRAS · POESÍA · PERFORMANCE
SINTE
Funboa Escénica
Sinte é unha proposta coa música como catalizador, a palabra como xogo e o baile como liberación. Sinte é unha viaxe desde a miña fraxilidade para desarmar as corazas coas que nos movemos polo mundo e celebrar que todas somos seres sensibles vibrando en frecuencias diversas. A miña paixón é relatar o meu conflito co mundo desde o mínimo, o máis singular e persoal, intentando inducir estados de ánimo colectivos a través da música electrónica. Sinte busca un lugar de expresión nunha sociedade cada vez máis afeita á frialdade das transaccións económicas, estancada pola velocidade terminal que non nos dá tempo para sentirnos a nós mesmos e ao mundo que nos rodea.
Creación, dirección e interpretación: Cristina Balboa
Iluminación: Laura Iturralde
Asistencia musical: Fran Lefrenk Fanzine
Vídeo promocional: Henrique Candamin Traballa