ARTES ESCÉNICAS · DANZA
RUAR
VACAburra
Idade: Todos os públicos
Andar polos camiños e rúas paseando, enredando, deixando que o corpo sexa o que propón o percorrido, sen obxectivo final na ruta, unha deriva, un pasear, un deixarse sorprender polo que acontece no espazo. Un itinerario extraviado polo corpo, pola música e os sons. Un encontro entre dous corpos que atopan un terreo de xogo común: o espazo público como marco e escenario
Creación: VACAburra
Intérpretación: Davide González | Andrea Quintana
Coreografía: Andrea Quintana
Dirección Gena Baamonde
© Foto: Carlota Mosquera