FESTIVAL C · AS PALABRAS PERDIDAS

DATOS BÁSICOS

EN FAMILIA · LETRAS

CONTOS NO PARQUE (APEGO)

AS PALABRAS PERDIDAS 

Inventi Teatro

O Programa Apego abre un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego. O martes 20, Inventi Teatro presenta As palabras perdidas.

A condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A condesa, unha coñecida contadora con sona internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. Faltan palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. 

Duración: 
1 hora ( aprox.)
Entradas: 
  • Acceso libre
  • Idade recomendada: > 4 anos
  • Lingua: galego
Funcións: 
Martes, 20 Agosto, 2024
18:00
Parque de Bonaval