FESTIVAL C · MINGUANTES

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS · DANZA

MINGUANTES

La Guajira

"Cando todo pare, escoita o animal minguante, sentirás a beleza do seu silencio"

Minguantes é unha peza que se adentra no universo temporal de dúas persoas que van envellecendo. Corpos que surcan o terreo dos cambios, onde todo parece ir máis á présa que de costume e xa correr quizá non é unha opción, outra galaxia os espera. Dende unha perspectiva minimalista e futurista, preséntase o corpo como máquina motora irremplazable, engrenaxes con data de caducidade, erros no sistema operativo, o eterno debate entre o querer e o poder, e a pesar de todo continuar. O menos que poderían facer é deterse a contemplar o mundo, o máis que desexan, é seguir andando.

Autoría, interpretación e dirección: Armando Martén e Ana Beatriz Pérez

Espazo sonoro: Ismael Berdei

Texto en off: Rocío González

Vestiario: Ruth D. Pereira e Santos Salgado

Fotografía e video promocional: Raquel Castro

Produción: La Guajira

Distribución:  Amarelo Distribución Escénica.

Duración: 
17 min
Entradas: 
  • Acceso libre
  • Idade recomendada: todos os públicos
  • Lingua: galego
Funcións: 
Luns, 26 Agosto, 2024
20:00
Cemiterio de Bonaval