FESTIVAL C · GREED

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS / CIRCO

GREED

KINE CIRCUS ETIOPIA

20:00 h PRAZA DA QUINTANA

Idade: Todos os públicos

Duración: 60 min

Somos KinéCircus! nacimos co obxecto de dar un espazo de ocio e desenvolvemento a nenos e nenas e a xente nova en risco de exclusión social en Addis Abeba (Etiopía), utilizando a arte como transformación social. Un grupo de artistas comprometidos criados no mundo do circo e emocionados de compartir  a auténtica identidade cultural etíope ao longo do seu traballo.

A tradución de Kiné ben dun antigo enigma etíope que enreda a linguaxe nun labirinto de palabras que deben ser descifradas polos oíntes, transmitindo un profundo significado. A nosa crenza é incorporar unha filosofía de empresa social arraigada na construción de comunidades e a colaboración creativa, cuxos ingresos xerados reinvístense directamente en actividades circenses e na comunidade máis ampla á que servimos, como compañía profesional, como escola, con programa en hospitáis de doctores sonrisas e como canteira de artistas para outras compañías nomundo.

Cremos que o circo ten o poder de xerar benestar persoal e espírito social para a nosa comunidade. Os participantes obteñen un maior sentido de confianza en si mesmos, confianza e exploración creativa. A nosa misión permítenos construír un espazo creativo e seguro para todos os participantes, tanto a nivel local como internacional, para adestrar, ensaiar, actuar, colaborar e intercambiar ideas e habilidades. Dámoslles a benvida ao noso centro, a noso espectáculo, ao noso lugar sacro, a noso mundo!

Duración: 
60 min
Entradas: 

DE BALDE

Funcións: 
Xoves, 10 Agosto, 2023
20:00
Praza da Quintana