ARTES ESCÉNICAS · EN FAMILIA
GERNIKA (DANOS COLATERAIS) e S.O.S. EMERXENCIA AMBIENTAL
Os Monicreques de Kukas
Os Monicreques de Kukas aséntanse no Paseo da Ferradura da Alameda (ao carón da estatua de Federico García Lorca) para ofrecer a veciñanza e visitantes unha tarde en familia. Con Gernika e S.O.S. Emerxencia Ambiental, dúas pezas pertencentes á modalidade de teatro coñecida como Tutilimundi na que se representan escenas con figuras e decorados animados dentro dunha caixa, chaman a nosa atención sobre cuestións sociais ben actuais. Cada un dos espectáculos ten unha duración aproximada de 5 minutos e están limitados a unha ou dúas persoas por función, polo que os pases se irán sucedendo ininterrompidamente entre as 18 e as 20 horas.
O acceso é de balde sen necesidade de reserva
Gernika (Danos Colateriais)
Guión, escenografía, marionetas e animación: Marcelino de Santiago “Kukas”
Dirección: Isabel Rey Pousada
Sinopse: Mentres nas rúas e nas prazas a vida transcorre como decote...de súpeto, nun intre todo pode mudar e a vida trocarse nun inferno e nunha sen razón... Gernika, o seu bombardeo e a pintura de Picasso son un símbolo do horror e sen razón que as guerras provocan.
S.O.S. Emerxencia Ambiental
Guión, escenografía, marionetas e animación: Marcelino de Santiago “Kukas”
Dirección: Isabel Rey Pousada
Sinopse: Poema visual que con ironía invita a reflexionar sobre a contaminación dos mares e océanos e as súas consecuencias. Da modalidade de teatro coñecida como TUTILIMUNDI na que se representan pequenas escenas con figuras e decorados animados dentro dunha caixa.