FESTIVAL C · FANTASTIC FUTURES (A BEGINNING)

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS · DANZA

FANTASTIC FUTURES (A BEGINNING)

Presentación da peza resultante do laboratorio de creación Colectivo RPM co artista convidado Aleksandar Georgiev 

Do 31 de xullo ao 7 de agosto, o Colectivo RPM e o Auditorio de Galicia impulsan un laboratorio co bailarín e coreógrafo artista Aleksandar Georgiev dirixido a artistas do campo das artes performativas interesados en compartir unha experiencia colectiva arredor do seu universo artístico. O laboratorio afondará nas claves de investigación e creación que Georgiev está abordando para a súa nova obra Fantastic Futures. Desta experiencia xurdirá a versión colectiva Fantastic Futures (a beginning) que se poderá ver no Parque de Bonaval o día 7 de agosto ás 20 horas, dentro do marco do Festival C de Santiago de Compostela.

”Bailar na nostalxia Queer” non é só un baile; é un programa de televisión pop, un meme compartido ou un anuncio peculiar para a convivencia de distintas historias da danza, aberto á empatía cinética, ao pracer, a satisfacción e a ternura radical. Fantastic Futures constrúese desde espazos ultraperiféricos, revisitando os nosos pasados emocionais, ocultos, avergoñados e culpables, os de atrás. É unha rebeldía contra o tempo lineal, onde o sentimentalismo e as lembranzas compartidas forxan novas realidades queer colectivas.Os conceptos de "nostalxia futura/queer" e "lectura dende atrás" enmarcan a serie de investigación que Aleksandar Georgiev iniciou coas obras Screensaver e The Power of S. Fantastic Futures é o vindeiro traballo desta serie que comeza con esta primeira experiencia en Galicia titulada Fantastic Futures (a beginning).

Duración: 
60 min (aprox.)
Entradas: 
  • Acceso libre
Funcións: 
Mércores, 7 Agosto, 2024
20:00
Cemiterio de Bonaval