ARTES ESCÉNICAS / CIRCO
CIRCO NO PARQUE VERÁN
CIRCONOVE
11:30 A 13:30 H CENTRO XOVE DA ALMÁCIGA
Día 2 a Idade: 3 A 5 ANOS
Días, 9, 17, 23 e 30 a Idade: 6 a 12 ANOS
Durante as mañás dende ás 11:30h ata as 13:30h. O equipo de docentes do noso proxecto Circonove introducirá aos rapaces e rapazas nas diferentes técnicas circenses (acrobacias, malabares, equilibrios, danza, clown, teatro, ritmo e creación de xoguetes malabares) no centro Xove da Almáciga.
Todas elas adaptadas o nivel e momento de cada participante e sempre a través de xogos que fomenten o traballo en equipo e o respecto entre eles e elas. Está ben que sempre traian unha botelliña de auga e, no caso, algo de almorzo na súa bolsiña.