CINEMA
CINEMA NA RÚA · A MULLER PANTERA
A muller pantera (Cat People, Jacques Tourneur, 1942, 73 min, VOSG)
Durante unha visita ao zoo, Oliver coñece a Irena, unha muller de orixe serbia que debuxa xunto á gaiola das panteras. Ambos namoran e ao pouco tempo casan a pesar de que Irena está convencida de que fai parte dunha saga de mulleres malditas que se transforman en panteras para matar. Oliver pon a Irena en mans dun psiquiatra e comparte as súas preocupacións con Alice, unha compañeira de traballo. O celos de Irena abondarán para que se desaten os acontecementos.
Jacques Tourneur dirixe con mestría este clásico da Serie B producido por Val Lewton, cunha excepcional fotografía de Nicholas Musuraca e o inesquecible papel da francesa Simone Simon como protagonista.