FESTIVAL C · CHOUF LE CIEL

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS · CIRCO

CHOUF LE CIEL

Cía. Colokolo

Deixaron a rúa pola carpa dun circo, o pegamento polo trapecio e din que o seu equilibrio sobre o arame devolveulles a confianza. Son mozos marroquís de barrios desfavorecidos convertidos hoxe nunha compañía cun nutrido xogo de acrobacias e a través dun diálogo gestual, "Colokolo", considerada a primeira compañía de circo marroquí, é ademais unha compañía dun gran nivel circense. Entre os integrantes de Colokolo, hai mozos que descubriron o mundo das acrobacias e os malabarismos na Asociación Marroquí de Axuda a Nenos en Situación Precaria (AMESIP), que en 1999 creou a escola de circo Shems'e acróbatas. A compañía fórmase en 2013 coa idea de profesionalizar o gran nivel dalgúns dos artistas xurdidos da escola. Chouf Le Ciel é un espectáculo cheo de sorprendentes números de bascula, portés, acrobacias e saltos.

Elenco: Hamza Boussahel, Hassan Bouchontouf, Ismail Lahbila Bader El Laouaz, Mohammed Ammar, Abdelali Khobba

Composición musical: Alexandre Bellando

Administración: Yassine Elhitirassi

 

Duración: 
50 min
Entradas: 
  • Acceso libre
  • Idade recomendada: todos os públicos
  • Lingua: sen texto
Funcións: 
Xoves, 22 Agosto, 2024
20:00
Praza da Quintana