FESTIVAL C · CADERNO DE CORES E CANCIÓNS

DATOS BÁSICOS

EN FAMILIA · MÚSICA · LETRAS

APEGO

CADERNO DE CORES E CANCIÓNS

Magín Blanco

O Programa Apego abre un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego. O martes 13 é quenda para Magín Blanco con Caderno de Cores e cancións, un concerto participativo na compaña do músico Pablo Vidal na que convida as crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións: as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.

Idade recomendada: > 3 anos.

Duración: 
50 min
Entradas: 
  • Acceso libre
  • Idade recomendada: > 3 anos
  • Lingua: galego
Funcións: 
Martes, 13 Agosto, 2024
18:00
Parque de Bonaval