CINEMA
BUSCANDO A SANTA COMPAÑA (Dir. Fernando Cortizo, 2024)
O Teatro Principal acollerá ás 21.30 horas a presentación e proxección do documental dirixido por Fernando Cortizo da man do propio cineasta, do actor narrador do filme Carlos Blanco e o compositor da banda sonora, Carlos Fernández
O novo proxecto de Cortizo recolle a procura contrarreloxo dos últimos testemuños dun fenómeno que aterrorizou a toda unha poboación durante séculos e no valor etnográfico deste feito central no imaximario e o patrimonio inmaterial galego.
Esta road movie documental conta coa opinión de figuras expertas en distintas áreas e con testemuñas reais que relatan as súas experiencias en primeira persoa para desentrañar canto hai de certo e canto de mitolóxico nas aparicións da Santa Compaña.
A asistencia á proxección é libre até completar capacidade.
De forma previa á proxección, o Museo do Pobo Galego acollerá unha mesa redonda arredor da temática do filme que contará coas intervencións de:
- Ana Isabel Filgueiras. Arqueóloga e antropóloga da USC
- Calros Solla. Etnógrafo, membro fundador do colectivo Capitán Gosende
- Manuel Vilar. Antropólogo e director do Museo do Pobo Galego
- Miguel Losada. Etnógrafo e cofundador da Sociedade Antropolóxica Galega
- Ramón Area. Psiquiatra. Hospital Psiquiátrico de Conxo
- Rubén Aramburu. Sacerdote. Párroco de Bergondo
Arrancará ás 19.00 horas e a asistencia é libre até completar capacidade.