FESTIVAL C · BARQUIÑO DE PAU

DATOS BÁSICOS

EN FAMILIA · LETRAS

CONTOS NO PARQUE· APEGO

BARQUIÑO DE PAU

Tropa de Trapo

O Programa Apego abre un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego.

O martes 6, a Tropa de Trapo leva á zona dos arcos do parque O barquiño de Pau, unha peza para espertar os sentidos do público miúdo e explorar o mundo mariño dunha maneira amena e participativa. O acordeón, a mandola portuguesa, o dizi chinés ou o propio corpo poñerán a música que acompañará as texturas da buguina, da auga, do papel, da tea… para recitar poemas, xogar coas palabras e debuxar ideas.

Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe no barquiño de pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar. 

Duración: 
1 hora ( aprox.)
Entradas: 
  • Acceso libre sen necesidade de reserva
  • Idade recomendada: > 1 ano
Funcións: 
Martes, 6 Agosto, 2024
18:00
Parque de Bonaval
MULTIMEDIA

TROPA DE TRAPO - Barquiño de Pau (ao vivo)