FESTIVAL C · ANTOLOXÍA DOS LUGARES DA LUZ

DATOS BÁSICOS

LETRAS · POESÍA · PERFORMANCE · MÚSICA

ANTOLOXÍA DOS LUGARES DA LUZ

Noente Paradise (Benxamín Otero & Melania Cruz)

Antoloxía dos lugares da luz é unha viaxe, un percorrido no que transitamos os textos onde se fala da luz e da sombra, habitamos os espazos que crean e facémolo a través da música e o recitado. A luz como paisaxe, como momento e lugar, como asombro. Unha proposta poética e musical coa actriz Melania Cruz e o músico Benxamín Otero con textos de Virginia Woolf, Lorca, Tanizaki, Celso Fernández Sanmartín, e Dores Tembrás, entre outros.

Benxamín Otero: voz, óboe, corno inglés, guitarra, caixa de música

Melania Cruz: voz

 

 

Duración: 
60 min (aprox.)
Entradas: 
  • Acceso libre
  • Idade: todos os públicos
  • Lingua: galego
Funcións: 
Mércores, 14 Agosto, 2024
20:00
Alameda