Vai ter lugar unha das citas máis especiais do ano para as familias de Compostela, a Festiña do Apego. Un elenco de artistas recoñecidos polo público miúdo conformarán espectáculos que amosan que a riqueza das creacións en lingua galega para as crianzas, que é grande e variada.
ARROLOS DE SALITRE con Faia Díaz e Guillerme Fernández (0-3 anos)
OS TRES PORQUIÑOS con Migallas Teatro (0-3 anos)
A música vaina presentar Faia Díaz e Guillerme Fernández nun concerto-obradoiro de cantos de berce onde aprenderemos melodías para arrolar as crianzas con lingua, música e moito, moito apego. O conto vaino pór Bea Campos, de Migallas Teatro, coa súa particular e orixinal historia sobre os tres porquiños.
____
Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.