Portada
Música
Escena
Visual
Cinema
Familia
Didáctica
Letras
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Cineuropa
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
FALADOIRO · MEMORIAS DUN ESQUELETE: RETORNOS DO CASTELAO
Catro décadas despois do reenterro de Castelao, diferentes «ollos de vidro» únense neste faladoiro para analizar o pensamento político e estético de Castelao na mostra Ollos de Vidro do Auditorio de Galicia. Por unha parte o vidro de Tareixa Navaza a través das cámaras de television que retransmitiron a cerimonia de reinhumación, por outra banda o vidro a través do que Xan Carballa tomou as súas fotografías dese mesmo 28 de xuño de 1984, e para rematar o vidro da pantalla do ordernador do investigador Jorge Linheira. A estes cristais que ollan xúntanselles os raios-X artísticos da exposición comisariada por Germán Labrador con acompañamento de María Bella. E, así, neste faladoiro –moderado por Branca Novoneyra– lembraremos non só as disputas institucionais e políticas por ver, facer ver e ocultar o esquelete de Castelao, senón tamén os modos de relacionarnos hoxe cos diferentes retornos do seu fantasma.