CINUROPA
SECCIÓN PARALELA · O CORAZÓN DO CINEMA É A LIBERDADE
FAIL SAFE / PUNTO LÍMITE (1964)
Sidney Lumet
Estados Unidos / 112 min / Ficción / Inglés, ruso
Ficha artística:
Henry Fonda, Walter Matthau, Fritz Weaver
Ficha técnica:
Guión: Walter Bernstein, Peter George. Baseado na novela de Eugene Burdick e Harvey Wheeler
Fotografía: Gerald Hirschfeld
Edición: Ralph Rosenblum
Produción: Charles H. Maguire, Max E. Youngstein
Sinopse:
Durante a Guerra Fría, por mor dun erro informático, un escuadrón de bombardeiros dos Estados Unidos é enviado a destruír Moscova con bombas atómicas. O presidente americano tenta facelos voltar pero o sofisticado sistema de seguridade impide abortar o ataque, así que ten a misión de convencer a Unión Soviética de que non contraataque para evitar unha guerra nuclear. Nunha medida desesperada, o presidente ofrece sacrificar unha cidade dos Estados Unidos se os seus pilotos finalmente destrúen Moscova.