FAIA · ALVELA

DATOS BÁSICOS

FAIA presenta o seu segundo disco en solitario, Alvela, un traballo complexo e sutil, con dez temas que transitan pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer. FAIA revisita arrolos, romances e outras cantigas tradicionais acompañada unicamente por instrumentos de corda e grabacións de campo manipuladas, unha constrición creativa que lle confire a Alvela unha coherencia sónica e unha organicidade singular.  

Neste concerto de estrea FAIA estará acompañada da arpista bretoa Bleuenn Le Friec e o cuarteto vigués de cordas Suelen Estar Quartet, integrado por Elena Vázquez (violín), María José Pámpano, (violín/ viola), Macarena Montesinos (violonchelo) e Saúl Puga (contrabaixo). A proposta musical completarase co vestiario de Melania Freire e o deseño de luz a cargo de Nonon Lab. 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • ENTRADAS ESGOTADAS
  • Dispoñibles entradas con visibilidade reducida a metade de prezo no despacho de billetes da Zona C (os días 15, 16, e 22 e 23 de abril) e no Teatro Principal (o 23 de abril dende as 19.30 h)
Info práctica: 
Mércores, 23 Abril, 2025
20:30
Teatro Principal