CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · BRANDO FAI CEN ANOS O ACTOR'S ESTUDIO E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
A FACE IN THE CROWD / UN ROSTRO NA MULTITUDE (1957)
Elia Kazan
Estados Unidos / 125 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Andy Griffith, Patricia Neal, Anthony Franciosa, Walter Matthau, Lee Remick
Ficha técnica:
Guión: Budd Schulberg
Fotografía: Gayne Rescher, Harry Stradling
Edición: Gene Milford
Produción: Elia Kazan
Sinopse:
Estados Unidos a finais dos anos 50. Marcia Jeffries, que traballa na radio local do seu pai en Arkansas, visita a prisión da vila na procura de alguén que participe no seu programa. Alí coñece a Larry Rhodes, un vagabundo borracho e cantante que expresa con descaro todo o que pensa. Impresionada pola súa actitude, Marcia decide levalo ao seu programa de radio. A súa voz rouca, humor desenfadado e encanto persoal atraen a milleiros de seguidores, o que chama a atención dunha canle de televisión en Memphis. A fama atórdao e a súa transformación en estrela mediática tórnase nunha traxedia ao convertelo nunha vítima dos medios de comunicación.