EXPLORA 1

DATOS BÁSICOS

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

 

VEVER (FOR BARBARA)

Deborah Stratman | 2018 | 12:00 | EUA | DOC | COR, B&N

Unha unión interxeracional de 3 cineastas que procuran posibilidades alternativas para as estruturas de poder das que forman parte inherentemente. Cada muller estende a súa mirada como tendendo a man cara un suxeito do que está fóra. Vever (for Bárbara) xurdiu dos proxectos abandonados de películas de Maya Daren e de Barbara Hammer. Gravada no punto más afastado dunha viaxe en moto que realizou Hammer, ata Guatemala en 1975, mesturado coas reflexións de Deren sobre o fracaso, o encontro, e a iniciación, no Haití do 1950.

Estrea en Galicia

 

THE SOUNDS DRIFTS

Stefano Canapa | 2019 | 08:20 | Francia | EXP | B&N

Unhas hiptonizantes pistas de audio bailan ao ritmo da banda sonora da última película de Canapa, Jérôme Noetinger, para a que Canapa gravou unha actuación en solitario do artista sonoro francés. Como membro da renomeada Cellule d'intervention Metamkine, Noetinger manipula a cinta magnética creando sons feitizantes, agora enriquecidos con efectos estroboscópicos.

 

LORE

SABEDORÍA POPULAR

Sky Hopinka | 2019 | 10:00 | EUA | EXP | COR

Imaxes de amigos e paisaxes son cortadas, fragmentadas e reagrupadas de novo nun proxector por unhas mans que guían a súa forma e a súa construción nesta película que xorde de Nostalgia, de Frampton Hollis. A voz cóntanos unha historia sobre un pasado e unha ruína non tan distantes, con trazas de nostalxia articuladas a modo de sabedoría popular; coñecementos e lembranzas transmitidos e compartidos non como se fosen unha perda melancólica, senón como un pastiche de meditación, reprodución, e creación.

 

WALLED UNWALLED

MUROS NON TAN MUROS

Lawrence Abu Hamdan | 2018 | 21:00 | Alemaña | EXP | COR

No ano 2000 había un total de quince muros e vallas fronteirizas fortificadas entre nacións soberanas. Hoxe en día, barreiras físicas en sesenta e tres fronteiras dividen nacións en 4 continentes. Mentres se construían estes muros, millóns e millóns de partículas cósmicas chamadas muons entraron na atmosfera terrestre e penetraron varios metros, a través de capas de cemento, solo e roca. Os científicos déronse conta de que estas partículas capaces de penetrar tantos metros podían ser colleitadas. Os muons permitíronnos ver por vez primeira o contrabando oculto nos contedores de transporte cubertos de chumbo e o interior das cámaras secretas enterradas dentro das paredes de pedra das pirámides. Agora ningunha parede da terra é impermeable. Hoxe en día, todo é muro, e non hai muro ningún.

Estrea en Galicia

 

ALGO-RHYTHM

ALGO-RITMO

Manu Luksch | 2018 | 14:00 | Reino Unido, Senegal | EXP, ANI | COR

Algo-ritmo, filmado en Dakar coa participación de importantes músicos, poetas e grafiteiros senegaleses, pon de manifesto as insidiosas e amplas ameazas aos dereitos humanos que supón o aumento da cuantificación e do tratamento en forma de algoritmos da vida diaria. Empregando hip-hop, drama, arte urbano e unha forma de facer cine baseada en datos, a obra explora como a aceptación da vantaxosa intelixencia das máquinas, a cal está presente nas sinxelas aplicacións dos smartphones, fainos vulnerables á manipulación por parte dos actores políticos.

Estrea en España

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Luns, 30 Setembro, 2019
18:30
Teatro Principal