FOCUS
Estrea en Galicia
AVISO:
- No espectáculo usaránse luces estroboscópicas, que poden afectar a persoas con determinadas doenzas.
Idade recomendada: >18 anos
Duración: 90 min
Lingua: castelán
Safo é un poema escénico, musical e visual que explora a figura da gran poeta de Lesbos. Enigmática e misteriosa, é unha autora venerada e respectada até hoxe, que compuxo máis de dez mil versos, dos que tan só nos chegaron escasos poemas completos e versos soltos. En contraste coa clamorosa ausencia da súa obra, a súa figura lendaria non fixo máis que crecer co tempo.
A nosa proposta escénica percorre o universo sáfico a través do imaxinado, o proxectado, o especulado polos/as estudosos/as e artistas ao longo dos séculos, e reconstrúe a partir do que quedou -os enigmáticos versos incompletos, a influencia en autores posteriores como Ovidio, Catulo, Nosis ou Erina-, o que puido ser e o que significa Safo nun canon maioritariamente masculino, que durante séculos tentou reinterpretar a súa figura segundo os valores e prexuízos de cada época. Un xogo metateatral, un diálogo entre presente e pasado para celebrar a Safo.
Ficha artística
Un espectáculo de: Christina Rosenvinge, Marta Pazos, María Folguera (inspirado a partir de poemas de Safo)
Cancións orixinais: Christina Rosenvinge
Texto: María Folguera
Dirección: Marta Pazos
Dirección musical: Christina Rosenvinge
Coreografía: María Cabeza de Vaca
Reparto: Christina Rosenvinge, María Pizarro, Lucía Bocanegra, Natalia Huarte, Irene Novoa, Xerach Peñate, Lucía Rey e Juliane Heinemann
Escenografía: Marta Pazos
Vestiario e caracterización: Pier Paolo Álvaro
Iluminación: Nuno Meira
Son: Dany Richter