AVISO!
A compañía remítenos estas dúas indicacións:
- LUCES ESTROBOSCÓPICAS: Haberá algúns momentos no que se usen este tipo de luces, que poden afectar a persoas con determinadas doenzas.
- SON ALTO: O nivel de volume do son estarán dentro do permitido pero en determinados momentos será bastante alto. Repartiremos na porta tapóns para os oídos por se os puidesen precisar.
Estrea absoluta
Idade recomendada: > 18 anos
Duración: 70 min
Lingua: galego
#posfunción: 26 de xaneiro ao remate da función
[DENTRO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS. AGADIC. XUNTA DE GALICIA]
A miña muller é artista e saltou pola fiestra
FRANCESCA WOODMAN
Considerada precursora do autorretrato ou selfie.
CAM GIRLS e outras denominacións sexcam, chica webcam.
Un fenómeno relativamente recente, que levou a centos de mulleres novas a gañarse a vida, utilizando un móbil sen necesidade de máis tecnoloxía, todo está dentro do móbil, ata plataformas para pagar por estes servizos, proxenetas sen contacto. O xogo está servido.
PUSSY CAKE
Non nace coa intención de facer ningún tipo de estudo sociolóxico ou crítico. Este proxecto nace para traballar unicamente cos aspectos estéticos de dous mundos: por un lado, a poética de Francesca Woodman, e por outro, a estética descarnada e chea de encaixes de plástico e leite condensado do porno doméstico.
Ficha artística
Dirección e dramaturxia visual: Baltasar Patiño
Asistente de dirección e sparring: Andrea Dunia
Reparto: Andrea Dunia, Raquel Esteller e Alejandra Balboa
Coreógrafas: Nuria Sotelo e Rut Balbís
Outras coreógrafas: Andrea Dunia, Raquel Esteller e Alejandra Balboa
Iuminación, produción de son, vídeo e espazo escénico: Baltasar Patiño
Vestiario: La compañía
Vídeo difusión: Edición Rusa
Fotografía: Rubén Vilanova
Baixo título: Micaela Vila
Loxística técnica en Compostela: RTA + MATARILE
Produción Pussy Cake e coordinación MATARILE: Laura Sánchez
Distribución: MATARILE
Espazos de creación coreográfica: A Casa Vella e La Normal Universidade da Coruña
Espazo de residencia técnica: Sala Ártica de Vigo e Teatro Principal de Santiago de Compostela
Espazo de residencia artística: Fundación SGAE Compostela
Agradecementos: Beatriz Vila, Lara Contreras, Evaristo Calvo, Marta Villaverde, La Canalla, Marcos Vieitez e RTA
Produce: MATARILE coa colaboración de ÀRTIKA
Coproduce: AGADIC