CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
EO (2022)
Jerzy Skolimowski
Polonia, Italia / 86 min / Ficción / Polaco, italiano, inglés, francés
Ficha artística:
Sandra Drzymalska, Mateusz Kościukiewicz, Tomasz Organek, Isabelle Huppert, Lorenzo Zurzolo
Ficha técnica:
Guión: Jerzy Skolimowski
Fotografía: Michal Dymek
Edición: Agnieszka Glinska
Produción: Skopia Film, Alien Films
Sinopse:
O mundo é un lugar misterioso, sobre todo visto a través dos ollos dun animal. No seu camiño, Eo, un asno gris de ollos melancólicos, vaise atopando con boa xente e con outra non tan boa, coñece a ledicia e a pena, e a roda da fortuna transforma, segundo o momento, a súa boa sorte en desastre e a súa desgraza en súbita felicidade. Pero nunca, en ningún momento, perderá a súa inocencia.
Jerzy Skolimowski (Lodz, Polonia). Graduouse na prestixiosa Escola Nacional do Cinema de Lodz. Dirixiu máis de vinte películas desde a súa ópera prima en 1960, O ollo ameazante. Viviu en Los Ángeles durante 20 anos e alí dedicouse á pintura. Máis recentemente volveu a Polonia, onde despois de 17 anos volveu filmar unha película, Catro noites con Anna, no 2008. En 1967 recibiu o Oso de Ouro pola súa película A partida. Participou na competición de Cannes en numerosas ocasións.
Premio do xurado no Festival de Cannes 2022