Unha viaxe escénica, poética e musical cara o abismo da perda da identidade, da razón e da moral. Atravesar a sombra como camiño ineludible e o sacrificio como acto artístico por excelencia. En tempos de profunda revisión persoal e social... que queda cando non queda nada?
Enric Montefusco, despois de rodearse nos seus últimos espectáculos dos artistas máis inquedos e innovadores, volve cruzar a liña que separa a música das artes escénicas para protagonizar a súa proposta máis poética e radicalmente íntima. Faino acompañado de Xavier Bobés, que traballa desde hai máis de quince anos cos obxectos e o seu simbolismo.