10ª EDICIÓN DO CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS. MÚSICA E OUTRAS PAISAXES DE COMPOSTELA
ENCONTRO CON ANNELIE GAHL, MÚSICA AO VIVO E CONVERSA
A da violinista Annelie Gahl, profesora do Mozarteum de Salzburgo e colaboradora habitual do Concentus Musicus Wien, o afamado grupo fundado e dirixido polo lendario Nikolaus Harnoncourt conversará co público sobre a súa experiencia persoal como destacada intérprete na capital austríaca e docente na cidade de Salzburgo sobre o repertorio interpretado a tarde anterior para afondar no significado musical das Sonatas do Rosario, de Heinrich Ignaz Biber, e as técnicas empregadas na súa execución, a scordatura, todo un reto para a intérprete. Para as persoas que escoitan será toda unha experiencia sonora e visual coñecer a técnica que permite obter diferentes sonoridades e dar forma ás distintas texturas e atmosferas que acompañan os diversos estados