ENCONTRO ‘DO GUIÓN Á PANTALLA’ CON SPIROS JACOVIDES

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · ACTIVIDADES PARALELAS

DO GUIÓN Á PANTALLA · ENCONTRO CO DIRECTOR SPIROS JACOVIDES

Spiros Jacovides naceu en Londres e estudou dirección na Escola Helénica de Cinema e Televisión Stavrakos. En 1998 foi estudante convidado na Academia Alemá de Cinema e Televisión de Berlín (DFFB). Escribiu e dirixiu tres curtas. Pedra negra é a súa primeira longametraxe.

Pedra negra é unha historia ficticia sobre a vida real, unha fiestra aberta á traxedia grega moderna. A través da historia dunha familia, amósanos unha sociedade en desintegración, cun sistema familiar forte, no que cada un ten o seu rol, asignado ou asumido persoalmente dunha maneira consciente ou inconsciente. Estes roles perpetúanse xeración tras xeración a un alto prezo para os implicados.

Un fillo decide fuxir. As accións ás veces miopes, a miúdo cómicas, dunha persoa, pódense converter nunha traxedia para moitos. A nai loita por atopalo e manter unida a familia e asume a función dun estado grego cheo de carencias. O intento traxicómico da familia tradicional grega de adaptarse a unha nova realidade, a un mundo que está cambiando. O nó imposible de desfacer da realidade grega, sempre tan complicada e autodestrutiva, que fai que os seus heroes sintan que calquera intento de abordala, resolvela ou escapar dela sempre acabará co mesmo resultado: co nó apertándose. É unha sensación que moitos de nós experimentamos ao medrar neste país.

A forza motriz da nosa historia é Haroula, esta nai que parece perder o seu lugar no mundo moderno. Ten problemas e responsabilidades abondas, pero de non as ter as súas inquedanzas aumentarían, perdería a súa razón de ser, a súa identidade, e todo o que quedaría sería ela soa cos seus desexos, cos seus soños, e daquela tería que se enfrontar ao seu maior medo... ela mesma. É fascinante este tipo de medo como unha forza oposta á vida. A xente que ten medo de vivir, de fallar, de perseguir os seus soños, os seus desexos, de descubrirse a si mesma, e que en troques se aferra a un rol e se agocha detrás del, evitando realmente responsabilizarse da súa vida. Vidas que non se viviron. Pedra negra comeza incerteira e aos poucos vai atopando o seu camiño e todo encaixa no seu sitio. Vaise debuxando a historia, a trama e os personaxes toman forma e a película convértese nunha viaxe poderosa.

Neste encontro, Jacovides explicará como traballa desde a concepción do guión ata a rodaxe do filme, como a primeira versión dunha película é a que ve o director durante a escrita e lectura do guión co resto do equipo e como se chega á versión que ve o público. 

Trátase dunha actividade en dúas etapas:

13 de novembro: Proxección de Pedra negra. Sala Mozart, 18.00 h.

14 de novembro: Encontro con Spiros Jacovides. Sala Mozart, 15.30 h. 

A sesión desenvolverase en lingua inglesa con tradución simultánea

Acceso libre previa inscrición.

 

Duración: 
100 MIN
Entradas: 
  • Entrada libre até completar capacidade

INFO XERAL ENTRADAS CINEUROPA

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Xoves, 14 Novembro, 2024
15:30
Auditorio de Galicia