EN FANFARE/ POR TODO O ALTO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

EN FANFARE / POR TODO O ALTO (2024)

Emmanuel Courcol

Francia / 103 min / Ficción / Francés

Ficha artística

Benjamin Lavernhe, Pierre Lottin, Sarah Suco

Ficha técnica:

Guión: Emmanuel Courcol, Irène Muscari

Fotografía: Maxence Lemonnier

Edición: Guerric Catala

Produción: Marc Boudre

Sinopse:

Thibaut é un director de orquestra de sona internacional que viaxa polo mundo, disfrutando do éxito e da admiración. A súa vida da un xiro inesperado cando sabe que é adoptado e descobre a existencia dun irmán, Jimmy, que traballa como empregado nun comedor escolar e toca o trombón nunha banda de música no norte de Francia. Malia ás súas diferencias e aos distintos camiños que tomaron, o amor pola música convértese no fío que os une..

Emmanuel Courcol (Angers, Francia). É un actor e cineasta licenciado en interpretación pola École Nationale des Arts et Techniques du Théâtre.  Despois de actuar en varias longametraxes, Courcol aventurouse no guión co filme Mademoiselle (2001) dirixido por Philippe Lioret. No 2010, foi nominado, xunto a Lioret e Olivier Adam, ao Premio César ao Mellor Guión Orixinal por Welcome. O debut como director de Courcol foi no 2016 con Ceasefire. A súa segunda longametraxe, The Big Hit, foi galardoada co Premio do Cine Europeo á Mellor Comedia no 2020. En fanfare é a terceira película dirixida por Courcol.

Premio do público no Festival de San Sebastián 2024

 

Duración: 
103 MIN
Entradas: 
  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros
  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Sábado, 9 Novembro, 2024
18:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA

EN FANFARE - Teaser officiel