ELEKTRONIC KONTAINER

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Concerto didáctico de "música electroacústica con medios visuais”

Recomendado para ESO e Bacharelato

“ELEKTRONIK KONTAINER” é un proxecto educativo que xurde da necesidade de divulgar a cultura musical a través dunha das disciplinas máis atractivas e fascinantes como é o mundo da percusión. Toda persoa toma parte activa; de unha forma ou outra, desde a súa infancia, do contacto cos nosos primeiros sons percusivos. Os máis pequenos apóianse na observación, no interese e na curiosidade por coñecer novos timbres. Con este plantexamento, confío nunha nova visión deste campo. Adaptándoa a nova era tecnolóxica coa introdución de medios electrónicos e visuais. Dando forma a un proxecto educativo/divulgativo de música electroacústica apoiada con arte visual sincronizado. Este proxecto é fresco e innovador. Contextualizado en música que está continuamente cambiándose, movéndose e renovándose. Vai dirixido a alumnado con certa madurez, conciencia crítica e espírito emprendedor. É por iso, que se enfoca a adolescentes que se atopen cursando a Ensinanza Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas Profesionais. “ELEKTRONIK KONTAINER” non trata de ser un concerto para meros espectadores no cal o artista multidisciplinar se limite a interpretar un repertorio mais ou menos atractivo e alternativamente se comenten algúns aspectos teóricos da Historia da Música. Con este proxecto, o alumnado coñecera da man do artista, novas aplicacións de manipulación e edición de sons e imaxe en dispositivos electrónicos como smartphones (IncrediBox) e ordenadores (Reaper, Final Cut) no que a tecnoloxía se refire. Desde o punto de vista instrumental, Robertoliveira interpretará extractos de obras nas que tamén comentará aspectos técnicos dos instrumentos de percusión, as súas posibilidades de execución, manipulación sonora e formas de escritura utilizadas en partituras de músicas de “nova creación” (partitura standar, partitura gráfica, partitura aleatoria…).

Duración: 
45'
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 21 Xaneiro, 2019
10:00
Teatro Principal
Luns, 21 Xaneiro, 2019
12:00
Teatro Principal
Martes, 22 Xaneiro, 2019
10:00
Teatro Principal
Martes, 22 Xaneiro, 2019
12:00
Teatro Principal