CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
EL CIRCO DE LOS MUCHACHOS (2024)
Elías León Siminiani
España / 5 capítulos de 50 minutos / Documental / Español
Ficha técnica:
Guión: Elías León Siminiani, Juan Alba, Pepe Coira (asesoría)
Fotografía: Hernán Pérez
Edición: Juan Alba, Jaume Patris, Lucía Casal, Salvador Antico, Miguel Ariza
Produción: Borja Pena, Elías León Siminiani
Tras a proxección, o equipo responsable do proxecto co equipo do filme
Sinopse:
Serie sobre a historia da Cidade dos Muchachos, fundada por Jesús Silva, “o Cura”, que xunto a 15 rapaces creou unha cidade e un proxecto educativo para mozos sen recursos na España franquista de 1956. A serie está creada a partir dunha combinación de materiais e entrevistas inéditas e dun arquivo único que percorre máis de 50 anos de historia e que conta ata con imaxes gravadas desde o propio estudio de televisión creado en Benposta.
Elías León Siminiani (Santander, 1971). Estudou filoloxía hispánica e cinema na Universidade de Columbia en Nova York. É investigador sobre diversos formatos e xéneros. Gañou un premio Goya á mellor curta de ficción no 2023 co filme Arquitectura emocional 1959 e o premio á mellor curta en Europa Cinema 2007 por Ludoterapia, entre outros galardóns. Siminiani dirixiu Apuntes para una película de atracos (2018) e tamén docuseries que tiveron moita repercusión como El caso Asunta: Operación Nenúfar (2017) e El caso Alcàsser (2019).
Estrea absoluta en Cineuropa
A proxección en primicia desta serie de cinco capítulos é posible grazas á colaboración con Amazon Prime