CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS
DIE THEORIE VON ALLEM / A TEORÍA UNIVERSAL (2023)
Timm Kröger
Alemaña, Austria, Suíza / 118 min / Ficción / Alemán, francés, italiano, inglés
Ficha artística:
Jan Bülow, Olivia Ross, Hanns Zischler, Gottfried Breitfuß, David Bennent
Ficha técnica:
Guión: Roderick Warich, Timm Kröger
Fotografía: Roland Stuprich
Edición: Jann Anderegg
Produción: David Bohun, Sarah Born, Tina Börner, Heino Deckert
Sinopse:
Ano 1962. Johannes Leinert e mais o seu titor da tese de doutoramento viaxan a un congreso de física nos Alpes suízos, onde un científico iraniano vai revelar unha "revolucionaria teoría da mecánica cuántica". Pero cando os físicos chegan ao hotel, o convidado iraniano non aparece por ningures.
Timm Kröger (Itzehoe, Alemaña). Formado na disciplina da dirección de fotografía, debutou como director no 2014 coa premiada longametraxe de ficción O concilio dos paxaros. A teoría universal é a súa segunda longa.
Candidata ao León de Ouro do Festival de Venecia 2023
Premio da crítica José Luis Guarner á mellor película no Festival de Sitges 2023