UPARTE
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 55 min
Lingua: castelán
Desprovistos de todo salvo de nós mesmos, a eterna procura por librarnos das aparencias, os prexuízos e os roles, mostrándonos espidos e vulnerables ao mundo, onde sempre atoparemos ao outro en momentos de dúbida.
Desprovisto é unha aposta pola plasticidade, o flexible e o cambio. Unha obra que mantén a esencia dos anteriores traballos da compañía: un alto nivel técnico acrobático, intérpretes naturais e unha idea central que move a obra, pero que non é imprescindible coñecer para gozar do espectáculo. Ao mesmo tempo, a compañía mergúllase nun novo camiño, pasando do ríxido ao flexible e incorporando tecidos á investigación acrobática e á danza como recurso.
O resultado é un espectáculo rechamante e visual, que consegue conectar co público de forma natural e, á vez, deixalo sen alento.
Elenco: Gisela Segatti, Guimelh Martín, Paco Caravaca, Sofía Acosta, Daniel Luengo e Alma Montero
Deseño gráfico: Andrés Guerrero e Emmanuel Vizcaíno
Vestiario: Rocío Pérez
Técnica acrobática: Vitaly Motuzka
Dirección: Pau Portabella
Produción: Cía. UpArte,
Coprodución: Nacho Vilar Producciones