IBUPROFENO TEATRO
Idade recomendada: público adulto
Duración: 90 min
Lingua: galego
#posfunción: 7 de marzo ao remate da función
Deadpan, do inglés ‘cara morta, baleira de expresión, imperturbable’; Karaoke, do xaponés kara (‘baleiro’) e oke (‘orquestra’). Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico cunha clara ambición plástica e que capture o carácter sublime do amor a través de momentos de gran beleza. Deadpan é unha personaxe incapaz de sentir e de expresar emoción, o que lle outorga a autoridade e a claridade necesarias para descifrar o universo do amor a través desta catarse cómico-musical. Podemos nesta sociedade de narcisismo extremo lanzarnos ao baleiro do amor?
Dirección: Patricia Rodríguez
Interpretación: Marián Bañobre
Creación e dramaturxia: Patricia Rodríguez e Marián Bañobre
Axudantía de dirección e coreografías: Carmela Bueno
Deseño de son e composición musical: Mónica de Nut
Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez
Deseño e realización de audiovisuais: Marta Valverde, Gustaf Nilsson e Javier Lueje
Deseño de vestiario: Marián Bañobre
Realización de vestiario: Bety Busto e Marián Bañobre
Caracterización: Baia Fernández
Produción: Santiago Cortegoso
Técnica en xira: Violeta Martínez e Héctor Pazos