CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
DAS LEHRERZIMMER / SALA DE PROFESORES (2023)
Ilker Çatak
Alemaña / 98 min / Ficción / Alemán, turco, polaco, inglés
Ficha artística:
Leonie Benesch, Leonard Stettnisch, Eva Löbau, Michael Klammer
Ficha técnica:
Guión: Johannes Duncker, İlker Çatak
Fotografía: Judith Kaufmann
Edición: Gesa Jäger
Produción: Ingo Fliess
Sinopse:
Carla Nowak, unha idealista profesora de matemáticas e deportes, comeza o seu primeiro traballo nunha escola de secundaria. Cando se producen unha serie de roubos no centro e as sospeitas recaen nun dos seus alumnos, decide chegar ao fondo do asunto pola súa conta. Carla intenta mediar entre familias indignadas, colegas obstinados e estudantado agresivo, pero enfróntase ás implacables estruturas do sistema escolar.
Ilker Çatak (Berlín, Alemaña). Viviu a súa adolescencia en Istambul antes de regresar a Alemaña, onde traballou en varias producións cinematográficas mentres se graduaba en dirección na Media School de Hamburgo. Iniciouse na dirección coas curtametraxes Old School (2013) e Where we are (2014). A súa primeira longametraxe foi Once upon a time… Indianerland (2017), á que seguiu o seu penúltimo traballo I was I am I will be (2019).
Mellor película, mellor director, mellor actriz, mellor montaxe e mellor guión nos Premios do Cinema Alemán
Sección Panorama na Berlinale 2023
Mellor montaxe na Seminci 2023