A DANZA DOS MEDOS
TEATRO ESCENA
Idade recomendada: > 8 anos
Duración: 55 min
Lingua: galego
Que pasaría se puxésemos todos os nosos medos xuntos a danzar?
Medos grandes, medos pequenos, mediños, xogando entre si e contando as súas historias. A danza dos medos convidaranos a descubrir como, ao longo das diferentes etapas da vida, os nosos pensamentos, sentires e desexos nos expoñen a vivir moitísimas emocións, co «medo» entre elas. O nacemento, a infancia, a adolescencia e, por suposto, a vellez estarán habitados por personaxes extraordinarios, monicreques de moitas formas e técnicas para levar á escena A danza dos medos.
Dramaturxia: Manuel Mansilla e Jorge Rey
Dirección: Jorge Rey e Manuel Mansilla
Elenco: Laura Pouso, Olalla Suárez, Carlota Rosón, Rafael Rey, Adela Bertolo e Martín Blanco
Composición musical: Santiago Llorente, Lorena Alzate
Música en directo: Luis Iglesias
Deseño de iluminación: Héctor Loboguerrero
Deseño de vestiario: Uxía Vaello
Dirección de deseño sonoro e musical: Héctor Loboguerrero
Asistencia de dirección: Héctor Loboguerrero
Asistencia de produción: Olalla Suárez
Deseño gráfico e pezas de difusión: Valeria Rey
Preprodución: Myriam Enríquez
Produción: Rosalía Balado